Conta atrás para “LAXE NA BOCA”

Empeza a conta atrás para celebrar “LAXE NA BOCA” durante a fin de semana do 2 e 3 de marzo.

O tren turístico circulará polas mañáns, facendo paradas nos nove establecementos que ofrecen pinchos gratis con cada consumición: Mar de Fondo, O Bocho, A Nova Despensa, Áncora, Recodo de Antía, Mar de Laxe, Zurich, O Reino de Loki e O Ben Me Sabe.

Ademáis, cubrindo unha cartilla con catro selos de distintos locais poderase participar no sorteo dunha fin de semana para dúas persoas no Augusta Spa Resort**** de Sanxenxo.

  • SÁBADO 2 DE MARZO: 12.00 a 15.00 / 20.00 a 23.00 horas

O sábado pola mañán o Grupo de Gaitas Maruxía tocará polos negocios, dando paso, pola tarde, á 6, á presentación oficial do TRIKITANIC promovido pola Asociación Batucada Trikitrakes.

Ás 8 da tarde, será o turno da Tuna de Dereito de Santiago de Compostela, coa que se encherá de ritmo e ambiente festivo a nuite.

Alternando coa tuna, organizamos un intenso programa de monólogos, a cargo de Xan Veiga, Víctor Grande e Tito Rober. Cada un con distintos horarios e pases para facilitar a asistencia a tódalas persoas e o movimiento de consumidores entre locais.

  • DOMINGO 3 DE MARZO: 12.00 a 15.00 horas

O grupo de Pandereteiras Andora, tocará polos locais da ruta, alternando cun circuito de maxia a cargo de Deimi e Marcos Waldemar.

 

Campaña comercial por San Valentín

A Concellería de Comercio organiza, conxuntamente coa asociación COMERLAXE, unha nova campaña comercial. Nesta ocasión con motivo da celebración de San Valentín.

As persoas que compren nos locais da campaña, recibirán tickets cos que participarán no sorteo de cinco ceas románticas con paseo previo en limusina.

O sorteo celebrarase nas Oficinas Xerais da Casa do Concello, o venres 15 de febreiro ás 12.00 horas.

As ceas para dúas persoas, poderán reservarse libremente en calquera restaurante de Laxe, na noite do sábado 23 de febreiro.

INVERNO GASTRONÓMICO E ENOLÓXICO

Dende a Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo de Laxe consideramos que a cultura culinaria é un valor indiscutible para potenciar o turismo de calidade, e por iso traballamos a favor da profesionalización e potenciación dos recursos gastronómicos municipais, así coma da coñecida meridaxe do viño, tan arraigada en Laxe a través da cultura popular do chateo.

Con ese obxectivo, presentamos o programa de actividades gastronómicas e enolóxicas previstas para os meses de febreiro e marzo, dentro do proxecto de desestacionalización do turismo “relaxese 2019”.

Tódalas actividades son gratuítas e contan coa axuda económica da Deputación Provincial da Coruña.

Excursión á Feira de Turismo e Gastronomía “Xantar”

Promovemos por segundo ano consecutivo a organización dunha excursión á Feira de Turismo e Gastronomía “Xantar” que se organiza en Ourense no mes de febreiro. Será o venres 8 de febreiro, con saída ás 9 da mañán e regreso aproximado ás 9 da tarde.

O único que hai que pagar é o menú, cun prezo de 15 euros.

As personas interesadas en asistir deben inscribirse previamnte no Concello.

Buscamos os tíckets 11211, 14025 e 15029

Xa repartimos 400 € na Campaña de Nadal no Comercio de Laxe, pero aínda nos quedan 3 premios por entregar e nada nos gustaría máis que atopar as persoas premiadas!!

BUSCAMOS OS NÚMEROS 11211, 14025 e 15029

Se tes un ticket con calquera destes tres números, tes ata o día 21 de xaneiro para recoller o teu vale de compra na Concellería de Turismo.

Números premiados na Campaña “Nadal no Comercio”

Entrega de premios do Concurso #moitomáisquepedras

O pasado sábado día 8 de decembro ás 20.00 horas, celebramos no Museo do Mar o acto de entrega dos premios do 1º Concurso de Fotografía #moitomáisquepedras, organizado conxuntamente polos Concellos de Vimianzo e Laxe.

Resultando premiadas as seguintes persoas:

  • PRIMEIRO PREMIO: José Antonio Vila Rodríguez pola obra “Vixía”

 

  • SEGUNDO PREMIO: Rafael Quintáns Canosa pola obra “A ollada eterna”
  •  
  • TERCEIRO PREMIO: Noelia Antelo Varela pola obra “A osa e o solpor”

 

Participaron no acto a Concelleira de Cultura de Vimianzo, Marta Rey Lema, o Alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo Pazos e o Concelleiro de Turismo de Laxe, Xosé Manuel Pose Lema.

Autoridades, primeiro premiado e técnicos municipais dos Concellos de Vimianzo (Víctor Santos) e de Laxe (María Mato), presentaron o cartel turístico dos Penedos de Pasarela e Traba, nun acto moi emotivo e ao mesmo tempo reivindicativo.

 

A presentación estivo acompañada dun maxistral concerto íntimo a cargo da violinista Antía Ameixeiras e da acordeonista Sabela Caamaño, quenes conseguiron encadilar ao público asistente co seu folk.

Este acto, formou parte do primeiro programa de actividades organizado conxuntamente polos Concellos de Vimianzo e Laxe, recordando que os Penedos de Pasarela e Traba son 1 das 2 únicas Paisaxe Protexidas existentes en Galicia. 

Co firme propósito e compromiso dos Concellos de Vimianzo e Laxe, de continuar traballando conxuntamente na conservación, divulgación e protección da Paisaxe Protexida dos Penedos de Pasarela e Traba, conclúen os actos de recordo e reivindicación do 10º aniversario da publicación da declaración oficial que tivo lugar o 11 de decembro do 2008 no Diario Oficial de Galicia.

Dámoslle a máis sincera noraboa ás persoas premiadas e agradecemos tamén a participación de tódalas persoas que se presentaron ao Concurso. Así mesmo, transmitímoslle un agradecemento moi especial a tódalas persoas que coa súa participación nos actos organizados dende o programa #moitomáisquepedras apoiaron e apoian a grandeza da Paisaxe Protexida dos Penedos de Pasarela e Traba.

 

Fotos: Cedidas por Rafael Quintáns. 

20º ANIVERSARIO MAREAS VIVAS

O sábado 1 de decembro, na Lonxa de Laxe, a CRTVG rodará unha romaría para un especial do programa “INIMITABLES”, con motivo da celebración do 20º aniversario da mítica serie Mareas Vivas.

Está confirmada a asistencia dos actores e actrices Isabel Blanco, Carlos Blanco, Ana Santos, Santi Romay, Patri (personaxe de Iria) e Mangüi.

Así mesmo, está prevista a animación musical con Mercedes Peón, o grupo de gaitas Maruxía, as pandereteiras Andora, O Tren da Unha e o regueifeiro Suso de Xornes.

Poderán participar na rodaxe as persoas que o desexen, sen inscrición previa, e hasta completar o aforo da Lonxa.

BLACK FRIDAY en LAXE

A Asociación de Comercio e Hostalería de Laxe “ComerLaxe” e a Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo, organizan a campaña de descontos “Black Friday”.

Durante o venres 23 e o sábado 24 de novembro, aproveita os descontos e promocións nos locais participantes. Para identificalos terán globos vermellos e negros na fachada!

CANCELADA a Xornada Micolóxica do 10 de novembro

Sentimos comunicar que a XORNADA MICOLÓXICA programada para o sábado 10 de novembro, foi cancelada por mor das previsións meteorolóxicas adversas. A actividade queda pendente de concretar unha nova data.