As táboas que contan a nosa historia
O proxecto denominado ‘Posta en valor e musealización da carpintería de ribeira e dos diferentes tipos de embarcacións de pesca do concello de Laxe’ permitiu restaurar unha embarcación de baixura que se atopa nun dos accesos á vila laxense.
O barco, de 18 metros de eslora, atópase nunha parcela de titularidade municipal que está destinada a merendeiro e zona de ocio. Sen embargo, o paso do tempo e as inclemencias meteorolóxicas provocaron o rápido podrecemento da nave.
Grazas a un conxunto de intervencións financiadas nun 85% polo GALP Costa da Morte proxectáronse varias melloras como a recuperación da estrutura de madeira, deixando á vista as cuadernas, a quilla, a roda e o codaste. Tamén se tratou a madeira e se suxeitaron os barraganetes existentes. As tarefas realizáronse in situ.
Ademais de poder ver en persoa os traballos levados a cabo, no exterior do barco pódense ver dous paneis informativos que contan con material do arquivo fotográfico Vidal. Estas fotografías reflicten a historia do oficio e embarcacións tradicionais co fin de poñer en valor o patrimonio cultural da zona.
Para consultar máis información sobre a carpintería de ribeira en Laxe ou sobre o proceso de restauración deste barco pincha aquí.
Versión en inglés.
Esta entrada tamén está dispoñible en: Castelán