Esencia pura da Costa da Morte
PRAIAS
Moitas persoas coñécennos pola nosa situación estratéxica, en pleno centro da Costa da Morte, e destacan o enorme atractivo das nosas praias virxes e a nosa costa agreste. Nós, sen embargo, definímonos como un pequeno municipio, aberto a un mar inmenso e cheo de posibilidades inimaxinables.
No noso litoral, temos recunchos e paisaxes únicas, que animan á práctica deportiva ou a desconexión absoluta, ante un mar infinito que se presenta puro e tentador.
PORTO
Estamos abertos a un mar inmenso, presente desde sempre e para sempre. Esta situación privilexiada marca claramente as características da nosa cultura e forma de vida, dotándonos dunha esencia singular como pobo mariñeiro.
O trazado das nosas rúas, descende sinuoso cara as rocas de ribeira, onde cobrou forma o peirao, centro e motor excepcional da auténtica vida laxense.
Esta entrada tamén está dispoñible en: Castelán