En coche
- Dende A Coruña, a maneira máis rápida de chegar a Laxe é tomar a autopista da Costa da Morte AG-55 en dirección Carballo e Fisterra (o tramo de Coruña a Carballo é de peaxe). En Baio, tomar a saída número 60 da autovía e avanzar ata a AC-430. Continuar á esquerda pola AC-429 en dirección a Laxe.
- Dende Santiago de Compostela hai que coller a AC-406 a Portomouro e Santa Comba. Continuar por AC-404 a Zas. En Baio xirar á dereita a AC-552 e incorporarse a AG-55. Seguir dirección Fisterra para desviarse á dereita á AC-430. Na AC-429 xirar á esquerda en dirección a Laxe.