Un verán cheo de experiencias en Laxe
Música, teatro, cine, maxia, pasarrúas e moito máis agárdante este xullo e agosto na Costa da Morte
Se estás a planear a túa escapada á Costa da Morte este verán, Laxe é o lugar perfecto para vivir unha experiencia única. Durante os meses de xullo e agosto, o Concello de Laxe ofrece unha completa programación cultural e de lecer pensada para todas as idades e todos os gustos.
A Axenda de Verán 2025 inclúe:
🎭 Espectáculos de teatro, títeres e contacontos para público familiar.
🎩 Exhibicións de maxia con artistas de primeiro nivel.
🎬 Sesións de cine ao aire libre en localizacións emblemáticas.
🎶 Música en directo, pasarrúas e animacións nas rúas.
📷 Exposicións e presentacións culturais no Museo do Mar.
🛍️ O tradicional Mercado Pirata, que encherá a Praza de Ramón Juega de cor e vida.
🌅 O xa consolidado Solpor Poético na Praia dos Cristais, unha cita máxica coa poesía e a música en directo.
Ademais de gozar das nosas actividades, poderás descubrir todo o encanto de Laxe: as súas praias, a súa gastronomía, a hospitalidade da súa xente e os incribles espazos naturais que nos rodean.
Consulta a programación completa e planifica a túa visita con tempo. En Laxe, este verán… hai moito por vivir!













Comunicamos os horarios de atención ao público dos equipamientos turísticos, durante esta Semana Santa:




