Entrega de premios do Concurso #moitomáisquepedras

O pasado sábado día 8 de decembro ás 20.00 horas, celebramos no Museo do Mar o acto de entrega dos premios do 1º Concurso de Fotografía #moitomáisquepedras, organizado conxuntamente polos Concellos de Vimianzo e Laxe.

Resultando premiadas as seguintes persoas:

  • PRIMEIRO PREMIO: José Antonio Vila Rodríguez pola obra “Vixía”

 

  • SEGUNDO PREMIO: Rafael Quintáns Canosa pola obra “A ollada eterna”
  •  
  • TERCEIRO PREMIO: Noelia Antelo Varela pola obra “A osa e o solpor”

 

Participaron no acto a Concelleira de Cultura de Vimianzo, Marta Rey Lema, o Alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo Pazos e o Concelleiro de Turismo de Laxe, Xosé Manuel Pose Lema.

Autoridades, primeiro premiado e técnicos municipais dos Concellos de Vimianzo (Víctor Santos) e de Laxe (María Mato), presentaron o cartel turístico dos Penedos de Pasarela e Traba, nun acto moi emotivo e ao mesmo tempo reivindicativo.

 

A presentación estivo acompañada dun maxistral concerto íntimo a cargo da violinista Antía Ameixeiras e da acordeonista Sabela Caamaño, quenes conseguiron encadilar ao público asistente co seu folk.

Este acto, formou parte do primeiro programa de actividades organizado conxuntamente polos Concellos de Vimianzo e Laxe, recordando que os Penedos de Pasarela e Traba son 1 das 2 únicas Paisaxe Protexidas existentes en Galicia. 

Co firme propósito e compromiso dos Concellos de Vimianzo e Laxe, de continuar traballando conxuntamente na conservación, divulgación e protección da Paisaxe Protexida dos Penedos de Pasarela e Traba, conclúen os actos de recordo e reivindicación do 10º aniversario da publicación da declaración oficial que tivo lugar o 11 de decembro do 2008 no Diario Oficial de Galicia.

Dámoslle a máis sincera noraboa ás persoas premiadas e agradecemos tamén a participación de tódalas persoas que se presentaron ao Concurso. Así mesmo, transmitímoslle un agradecemento moi especial a tódalas persoas que coa súa participación nos actos organizados dende o programa #moitomáisquepedras apoiaron e apoian a grandeza da Paisaxe Protexida dos Penedos de Pasarela e Traba.

 

Fotos: Cedidas por Rafael Quintáns. 

Esta entrada tamén está dispoñible en: Castelán