2020

Publicación do calendario turístico 2020

O pasado mes de decembro a veciñanza de Laxe recibiu no seu domicilio o calendario editado polo Concello de Laxe para este ano 2020. O almanaque da Concellería de Turismo recolle unha selección dos mellores debuxos presentados a concurso polo alumnado dos centros educativos de Laxe. Para a súa selección o profesorado tivo en conta as aptitudes artísticas e creativas reflexadas nos debuxos, pero tamén valorou que ser vise representada neles a potencialidade turística do Concello de Laxe en calquera das súas vertentes (patrimonio natural, arquitectura, ocio, escultura, oficios, embarcacións, curiosidades, etc.).

Agradecemos enormemente a implicación do profesorado e do alumnado de Laxe. Dámoslle  a noraboa por axudarnos a reflexionar sobre os preciosos atributos que ten o noso Concello, tanto para nós coma para as persoas que nos visitan.

Podedes descargar o calendario na seguinte ligazón:

Calendario Sobremesa 2020

 

 

Esta entrada tamén está dispoñible en: Castelán