PRIMEIRAS XORNADAS TERRORÍFICAS

¡O Samaín chega ata Laxe coas súas Primeiras Xornadas Terroríficas!

Dende o 31 de Outubro ata o 3 de Novembro acompáñanos a desfrutar desta experiencia divertidamente terrorífica:

  • Mércores 31 – 21:00h. a 23:00h.: CAMIÑO DO TERROR

Unha noite moi especial e terrorífica no Paseo Marítimo de Laxe para desfrutar en grupos de 5 persoas cada 10 minutos.

Entrada de balde para maiores de 16 anos.

¿Estás preparad@ para pasar medo?

  • Xoves 1 – 19:00h.: TERRORÍFICA MAXIA EN FAMILIA

Descobre o que maxia agocha no Museo do Mar de Laxe nesta actividade apta para todos os públicos.

  • Venres 2 – 20:00h. a 00:00h.: O TÚNEL DO TERROR

O Museo do Mar de Laxe será escenario dun verdadeiro circuito do terror basado nun antigo hospital psiquiátrico da comarca de Bergantiños.

¿Atréveste a adentrarte nel?

Grupos de 5 persoas cada 10 minutos e para maiores de 16 anos.

  • Sábado 3 – 20:00h. a 23:00h. – CLUEDO EN VIVO

O Cluedo en vivo desafía a seguir pistas que conducen ao asesino/a a través dunha rede de enganos e mentiras coas que ocultará o seu rastro.

Axúdanos a resolver este asesinato no Museo do Mar de Laxe!

Grupos de 10 persoas cada 45 minutos e para maiores de 16 anos.

  • TODOS OS DÍAS: inmortaliza as fotografías máis terroríficas no noso photocall temático do Samaín, ubicado na Praza de Ramón Juega.

¿Atréveste a acompañarnos? 🙂

Esta entrada tamén está dispoñible en: Castelán