PR-G 70

LAXE – PUNTA INSUA

Este sinxelo itinerario circular de 4,6 quilómetros de distancia, está homologado pola Federación Galega de Montañismo.

A ruta parte de Laxe e percorre todo o litoral de Monte Insua a media ladeira. A súa fermosura é tal que ben merece reiteradas paradas para contemplar a maxestuosidade da paisaxe pola que discorre.