#moitomáisquepedras
Entre os Concellos de Vimianzo e Laxe álzanse os escarpados e rochosos “Penedos de Pasarela e Traba”, formados polos cumes de Pena dos Mouros, Pena Forcada ou Gallada, O Castelo e a Torre da Moa.
A súa grandeza científica é excepcional ó tratarse dunha paraxe natural, formada por un tipo de granito moi especial, exposto á beira do mar, e pouco presente noutras partes do mundo.
Destaca o escenario onírico, creado pola acumulación de formas pétreas, tanto zoomorfas coma antropomorfas, que con cada nova mirada pon a proba a imaxinación do visitante.
Tamén destaca a riqueza paisaxística, á que hai que sumar os valores culturais a nivel tanto literario coma de coñecemento, de lendas e tradicións da zona.
Para coñecer os Penedos de Pasarela e Traba, pódese acceder a pe, nunha ruta lineal, aberta entre o lugar da Costa (parroquia de Traba, Concello de Laxe) e o lugar de Pasarela (parroquia de Calo, Concello de Vimianzo).
Esta entrada tamén está dispoñible en: Castelán