Laxe

A PRAIA DE LAXE, resgardada dentro da ría, destaca pola incrible finura e brancura da súa area. É perfecta para descansar tomando o sol, ou gozar, dependendo da época, de múltiples deportes náuticos coma pesca, windsurf, kitesurf, vela, natación e incluso submarinismo.

A Praia de Laxe está dotada de tódolos servizos propios dunha praia urbana de alta calidade, e presume orgullosa do galardón Bandeira Azul.