Praia dos cristais
N 43º 13′ 36.1” W 9º 0′ 37.9”
A Praia dos Cristais é un depósito natural de pequenos vidros de cores perfectamente pulidos.
O mar trouxo os vidros fragmentados e erosionados, provintes dun antigo vertedoiro situado na zona, e dotou este lugar dunha extraordinaria beleza que queremos preservar para o futuro. Por iso convidamos a que gocen deste espazo, levándoo como recordo na súa mente e nas súas fotografías, pero por favor non nos leven os cristais.