Laxe instala 4 paneis informativos en diferentes miradoiros do municipio

O Concello de Laxe acaba de executar un proxecto de deseño e instalación de 4 paneis informativos co fin de dar contido a varios miradoiros mediante a colocación destes indicadores explicativos do que se ve dende ditas posicións.

Deste xeito, desde o Faro apréciase unha panorámica dificilmente localizable para as persoas que non son do lugar, coma as diferentes vilas que desde o punto se aprecian. Outra característica que non se ve é a forma do litoral coas súas diferentes furnas, así como a sinalización de que dita zona é un lugar excelente coma punto de observación Starlight. Por outro lado, coa instalación destes paneis informativos o goberno local busca poñer en valor a súa riqueza medioambiental e paisaxística, elevando o seu interese por visitalos.

Esta actuación está subvencionada polo Concello de Laxe e pola Consellería do Mar – GALP “Costa da Morte”, tendo un orzamento total que ascende a 14.998,95 €.

O alcalde de Laxe, Francisco Charlín, manifesta que con esta actuación “continuamos mellorando o servizo de información dos nosos recursos turísticos para todos aqueles que nos visitan, á vez que concienciamos da necesidade de preservar a nosa contorna como un valor engadido para a xeracións futuras”.

Esta entrada tamén está dispoñible en: Castelán