Semana Santa

O Santo Enterro ou Rosario da Boa Morte é o acto máis singular e tradicional da Semana Santa de Laxe. Celébrase o Venres Santo na Igrexa de Santa María da Atalaia ás 23.00 h.

Trátase dunha procesión tradicional e moi emotiva, onde homes e mulleres, separados en dous grupos, cantan por turnos ó “Señor” o “Rosario da Boa Morte”, mentres percorren as rúas de Laxe.

Esta entrada tamén está dispoñible en: Castelán