O Peñón
O luns posterior ó domingo de Pascua de Pentecostés (entre os meses de maio e xuño) é a Festa do Peñón.
Con unha merenda campestre na Braña de Soesto recórdase o regreso dos romeiros de Laxe que tradicionalmente acudían a pe, ás Festas do Espíritu Santo de Camelle. A celebración da Festa do Peñón é unha xuntanza familiar que resiste o paso do tempo.
Esta entrada tamén está dispoñible en: Castelán