Laxe
Semana Santa
A semana Santa de Laxe está a converterse nun dos reclamos turísticos máis destacados do Concello de Laxe fóra da época estival. Cada ano increméntase o número de asistentes aos oficios relixiosos e ás diferentes procesións, especialmente a procesión do Santo enterro ou Rosario da Boa Morte.
O Domingo de Ramos, ás 12:30 h. ten lugar a Bendición dos ramos na Praza de Ramón Xoga e a procesión cara á Igrexa.
O Xoves Santo, a partir das 20:00 h. ten lugar a procesión do Nazareno e da Virxe Dolorosa. A continuación a misa con lavatorio de pés. Durante toda a noite diferentes persoas da Vila cantan versos ao Santísimo e á Virxe.
O Venres Santo é o día principal da semana santa. Ás 11:00 h. ten lugar a procesión e predicación do Encontro do Señor coa Virxe na rúa da Amargura (Praza de Ramón Xoga). Ás 19:00 h. ten lugar o Desencravo e a continuación a Procesión dos Caladiños. Ás 23:00 h. celébrase a Procesión do Santo Enterro e Rosario da Boa Morte (a procesión máis tradicional e concorrida da Vila, onde homes e mulleres, separados en dous grupos, cantan por quendas ao “Señor” o “Rosario da Boa Morte”).
No Domingo de Pascua de Resurrección ten lugar, ás 12:30 h. a Procesión do Santísimo e encontro de “Jesús resucitado” coa “Virxe” (Praza de Oriente).
Xullo
O 21 de Xullo celébrase a Festa da Cruz da Rosa na ermida de Santa Rosa.
Moi popular e concorrida xa que ten moita sona entre as xentes de toda a comarca.
Agosto
As festas patronais de Laxe (do 14 ao 17 de Agosto) son unhas das máis concorridas da comarca. A estas festas acoden moitísimas persoas e cada ano o seu número vai en aumento.
14 de Agosto: Festa en honra da Virxe da Milagrosa.
15 de Agosto: Festa en honra da Virxe da Atalaia.
16 de Agosto: Festa en honra de San Roque.
17 de Agosto: Festa da Virxe do Carmen. Como devoción a esta virxe realízase unha Procesión marítima pola ría, presidida por unha das tradicións máis populares da Vila, “O Simulacro do Naufraxio“, que vén realizando desde hai bastantes anos por iniciativa do mariñeiro laxense Abelino Lema Santos.
30 de Agosto: Festa de “Santa Rosa” na ermida en honra a esta santa peruana no monte Cornaceiras.
Nande
Maio
15 de Maio: Festa adicada a “San Isidro Labrador”, no lugar de Matío.
Xuño
13 de Xuño: Festa adicada a “San Antonio” no lugar de Aprazadoiro.
14 de Xuño: Festa adicada a “San José” no lugar de Aprazadoiro.
Outubro
28 de Outubro: Festa adicada ao patrón da parroquia, “San Simón”, no lugar de Matío.
Decembro
8 de Decembro: Festa adicada á “Inmaculada Concepción”.
Sarces
Maio
No mes de Maio, o Xoves de Ascensión celébrase a “Ascensión de María”, no lugar da Torre.
Agosto
O 10 e 11 de Agosto celébrase a festa adicada ao patrón, “San Amedio” no lugar da Torre.
Serantes
Xullo
O primeiro Sábado e Domingo do mes de Xullo celébrase en Serantes a festa dedicada a “San Antonio” e ao “Rosario”, respectivamente.
Setembro
O segundo Sábado e Domingo do mes de Setembro celébranse as festas adicadas a “San Roque” e á patroa, “Santa María”.
Soesto
Xullo
O segundo Sábado e Domingo do mes de Xullo celébranse as festas en honra á “Ascensión” e o ” Sacramento” respectivamente.
Decembro
26 de Decembro: Festa en honra do patrón, “San Esteban”.
27 de Decembro: Festa adicada a “San Roque”.
Traba
Febreiro
O 2 de Febreiro celébrase a festa de ” As Candeas”.
Xuño
O 24 de Xuño celébrase unha festa dedicada a “San Juan” e ao ” Sacramento”.
Agosto
O cuarto domingo e luns do mes de Agosto celébranse as festas de maior importancia na parroquia, as adicadas á “Virxe dos Milagres” e a “San José”, respectivamente.
Decembro
O 30 e 31 de Decembro celébranse as festas adicadas ao patrón “Santiago”.
Esta entrada tamén está dispoñible en: Castelán