Cargando eventos

« All Events

  • Este evento pasou.

Taller práctico de cámara minutera

13 Abril -6:30 p.m. -9:30 p.m.

O Arquivo Fotográfico Vidal é o único Arquivo Fotográfico de toda Galicia en vías resolutivas de ser declarado como Ben de Interese Cultural de Galicia. Para festexalo a Concellería de Turismo decidiu crear unha exposición fotográfica cunha escolma de vilas, sociedade, infancia, traballos, festas, mar, romerías e deportes.

A exposición, composta por un total de 75 cadros, será visitable no Museo do Mar toda a Semana Santa de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas. Despois do verán abrirase a solicitude de préstamo a museos e entidades interesadas en estudar e divulgar a memoria histórica de Bergantiños e Soneira a través deste legado fotográfico.

As persoas que asistan á inauguración da exposición poderán ademáis participar nun taller práctico de cámara minuteira, aprender sobre o seu funcionamento da man dunha persoa experta, e levar unha fotografía impresa de recordo.

Este taller é unha experiencia cultural e sensorial única porque permitirá retroceder no tempo e vivir o proceso fotográfico tal e como se facía a principios do século XX.

  • A actividade é de balde
  • Non se require inscrición previa
  • Apta para tódolos públicos

Esta entrada tamén está dispoñible en: Castelán

Detalles

Data:
13 Abril
Hora:
6:30 p.m. -9:30 p.m.

Recinto

Museo del Mar
Rúa Pracer, s/n
Laxe, A Coruña 15117 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981735393
Páxina web:
turismolaxe.gal

Detalles

Data:
13 Abril
Hora:
6:30 p.m. -9:30 p.m.

Recinto

Museo del Mar
Rúa Pracer, s/n
Laxe, A Coruña 15117 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981735393
Páxina web:
turismolaxe.gal