Surf
A praia de Soesto está moi exposta a tódalas marexadas e precisamente iso favorece que sexa unha icona para a práctica do surf. Nela, deportistas de tódalas idades e niveis gozan das mellores olas durante todo o ano.
Tal e á calidade de Soesto para a práctica deste deporte, que foi seleccionada no “Galicia Surfing” como unha das 16 mellores praias de Galicia para surfear.
A isto hai que sumar a súa riqueza medioambiental, totalmente salvaxe, e o ambiente multicultural dos deportistas que a visitan.
Ti trae táboa e neopreno, nós poñemos Soesto!
Esta entrada tamén está dispoñible en: Castelán