POLIDEPORTIVO
O polideportivo municipal consta dunha PISTA POLIDEPORTIVA de medidas regulamentarias para a práctica deportiva a cuberto, de baloncesto, fútbol sala, xoquei a patíns, bádminton, voleibol e tenis.
Tamén conta cunha SALA DE USOS MÚLTIPLES, na que se organizan actividades dirixidas como psicomotricidade, pilates ou terapéutica.
E un XIMNASIO, equipado con maquinaria para o traballo a nivel aeróbico e muscular.
Os horarios de apertura ó público son:
- De setembro a xuño
- De luns a xoves de 10.00 a 12.30 e de 15.00 a 21.45 h.
- Xullo e agosto:
- luns e mércores de 10.00 a 12.30 h
- Martes e xoves de 18.30 a 20.45 h
Infórmate dos horarios, tarifas e reservas de pista!
CAMPO DE FÚTBOL
Detrás do polideportivo municipal está o campo de herba artificial. Ten as medidas regulamentarias de fútbol 11, e dous campos de fútbol 8.
PISCINA
A piscina descuberta municipal dispón dun vaso de 25 x 12,5 metros de uso esencialmente recreativo.
Está aberta ó público nos meses de xullo e agosto, de martes a domingo, en horario de 15.30 a 20.00 horas. A tarifa por persoa é día é de 1,50 €.
PISTAS
Tamén poderás practicar deporte en calquera das nosas pistas descubertas multideportivas. Unha delas está no campo da festa de Soesto e a outra nos exteriores do local social de Traba.
Esta entrada tamén está dispoñible en: Castelán