Un amante do Mountain Bike? Este é o teu destino!!

PR-G 114

Laxe – Traba

Esta ruta lineal parte do paseo marítimo e percorre a costa de Laxe, Soesto e Traba, avanzando 8 quilómetros entre camiños e sendeiros xunto ó mar.

O percorrido está homologado pola Federación Galega de Montañismo así que soamente tes que relaxarte e que seguir a sinalética que marca o PR-G 114.

Mórdomo – Camelle

Nada mellor que unha pequena ruta lineal, de 4,9 quilómetros, para percorrer a costa de Traba en dirección a Camelle.

Esta é, sen dúbida, unha excursión excepcional para coñecer as singulares formacións rochosas do Porto de Carros, e chegar a Camelle polo Coído de Sabadelle.

Laxe – Soesto – Boaño – Monte da Lagoa – Coéns – Lourido – Laxe

Este itinenario está diseñado para ciclistas de montaña que queiran coñecer ben o Concello de Laxe, desde o litoral ata os camiños rurais que conducen ós montes máis altos.

O circuíto presenta tramos de certa dureza física polo que aconsellamos descargar o rutómetro antes de emprender esta ruta de 19,8 km de distancia e 521 m de desnivel acumulado.

Rota polo Concello de Laxe

A través desta ruta BTT de dificultade media-alta e 30,2 km de distancia, poderás coñecer o noso interior rural e montañoso, coas súas aldeas, cabazos, igrexas e muíños.

Descarga o rutómetro que che ofrecemos para acceder a estes lugares de interese natural, histórico e panorámico que amosan todo o encanto da vida rural en Laxe.

Esta entrada tamén está dispoñible en: Castelán