Novas imaxes do Espazo Divulgativo de Baleeira!
Xa está aberto ao público o Espazo Divulgativo de Baleeira, situado ao carón da emblemática Praia dos Cristais, un lugar único para coñecer a nosa fauna e flora mariña 🌿🐠, afondar na importancia da Rede Natura 2000 e descubrir as tradicións da pesca artesanal que forman parte da nosa identidade colectiva ⚓ Este novo recurso combina natureza, historia e educación ambiental 🌍.
Inclúe imaxes orixinais do Arquivo Fotográfico Vidal, así como paneis divulgativos accesibles en varios idiomas e dispoñibles tamén mediante códigos QR 📲, facilitando unha experiencia inclusiva e aberta a toda a cidadanía. O proxecto foi posible grazas ao apoio dos fondos GALP Costa da Morte, coa colaboración da Xunta de Galicia e da Unión Europea 🇪🇺💙, que continúan apostando polo desenvolvemento sostible do noso territorio.
💬 Animámosvos a achegarvos, coñecer este novo espazo e descubrir todas as historias que agocha este recuncho tan especial de Laxe! 💙 #Laxe #CostaDaMorte #EspazoDivulgativoDeBaleeira #PraiaDosCristais #GALP #XuntaDeGalicia #UniónEuropea #TurismoLaxe #MedioAmbiente #PescaTradicional













