Entries by Comunicacion

Conta atrás para “LAXE NA BOCA”

Empeza a conta atrás para celebrar “LAXE NA BOCA” durante a fin de semana do 2 e 3 de marzo. O tren turístico circulará polas mañáns, facendo paradas nos nove establecementos que ofrecen pinchos gratis con cada consumición: Mar de Fondo, O Bocho, A Nova Despensa, Áncora, Recodo de Antía, Mar de Laxe, Zurich, O […]

Campaña comercial por San Valentín

A Concellería de Comercio organiza, conxuntamente coa asociación COMERLAXE, unha nova campaña comercial. Nesta ocasión con motivo da celebración de San Valentín. As persoas que compren nos locais da campaña, recibirán tickets cos que participarán no sorteo de cinco ceas románticas con paseo previo en limusina. O sorteo celebrarase nas Oficinas Xerais da Casa do […]

INVERNO GASTRONÓMICO E ENOLÓXICO

Dende a Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo de Laxe consideramos que a cultura culinaria é un valor indiscutible para potenciar o turismo de calidade, e por iso traballamos a favor da profesionalización e potenciación dos recursos gastronómicos municipais, así coma da coñecida meridaxe do viño, tan arraigada en Laxe a través da cultura popular […]

Excursión á Feira de Turismo e Gastronomía “Xantar”

Promovemos por segundo ano consecutivo a organización dunha excursión á Feira de Turismo e Gastronomía “Xantar” que se organiza en Ourense no mes de febreiro. Será o venres 8 de febreiro, con saída ás 9 da mañán e regreso aproximado ás 9 da tarde. O único que hai que pagar é o menú, cun prezo […]

Buscamos os tíckets 11211, 14025 e 15029

Xa repartimos 400 € na Campaña de Nadal no Comercio de Laxe, pero aínda nos quedan 3 premios por entregar e nada nos gustaría máis que atopar as persoas premiadas!! BUSCAMOS OS NÚMEROS 11211, 14025 e 15029 Se tes un ticket con calquera destes tres números, tes ata o día 21 de xaneiro para recoller […]

Entrega de premios do Concurso #moitomáisquepedras

O pasado sábado día 8 de decembro ás 20.00 horas, celebramos no Museo do Mar o acto de entrega dos premios do 1º Concurso de Fotografía #moitomáisquepedras, organizado conxuntamente polos Concellos de Vimianzo e Laxe. Resultando premiadas as seguintes persoas: PRIMEIRO PREMIO: José Antonio Vila Rodríguez pola obra “Vixía”   SEGUNDO PREMIO: Rafael Quintáns Canosa […]

20º ANIVERSARIO MAREAS VIVAS

O sábado 1 de decembro, na Lonxa de Laxe, a CRTVG rodará unha romaría para un especial do programa “INIMITABLES”, con motivo da celebración do 20º aniversario da mítica serie Mareas Vivas. Está confirmada a asistencia dos actores e actrices Isabel Blanco, Carlos Blanco, Ana Santos, Santi Romay, Patri (personaxe de Iria) e Mangüi. Así […]

BLACK FRIDAY en LAXE

A Asociación de Comercio e Hostalería de Laxe “ComerLaxe” e a Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo, organizan a campaña de descontos “Black Friday”. Durante o venres 23 e o sábado 24 de novembro, aproveita os descontos e promocións nos locais participantes. Para identificalos terán globos vermellos e negros na fachada!