Ruta Urbana por Laxe
Laxe: estate agardando!
Nada mellor que un sinxelo itinerario de 1,6 quilómetros de distancia para descubrir os lugares máis singulares do casco urbano de Laxe.
Camiñar pola Praza Ramón Juega, o Museo do Mar, a Casa do Arco, a Igrexa de Santa María da Atalaia, e a Capela de Santa Rosa, permitirache coñecer os nosos monumentos e construcións e sentir a tranquilidade da nosa vida cotiá.