Igrexa de Santa María de Atalaia

Dentro do núcleo urbano, nun alto sobre o mesmo peirao, atopamos a xoia da Vila, a Igrexa de Santa María da Atalaia, asentada sobre un amplo atrio formado por altos muros de pedra sobre os que se asentaba no pasado uns canóns defensivos. A igrexa e o seu atrio funcionou como atalaia de vixiancia e defensa contra a entrada ó porto de calquera barco ou flota sospeitosa.

De finais do século XV, esta igrexa foi ampliada, xa que nun principio só posuia a capela maior realizada no primeiro tercio do século XIII, por Dona Urraca de Moscoso por expreso desexo da súa nai Dona Juana de Castro e Lara, engadíndolle a dita capela unha nave rectangular e anos máis tarde unha torre campanario.

Coa orientación tradicional dos templos romanos, cabecera cara o este e pórtico cara o oeste e de estilo gótico mariñeiro na súa maior parte, esta igrexa presenta un corpo composto por sinxelos muros e unha interesante decoración externa.