A Casa do Arco

Adéntrate na nosa historia!

É o edificio civil de maior importancia histórica de Laxe. Atópase no centro da Vila, na esquina noroeste da Praza Ramón Juega e permite, mediante os seus tres arcos apuntados sobre os que se asenta, adentrarnos na Rúa Real que nos leva ó templo parroquial de Santa María da Atalaia.

É unha das escasas vivendas que nos quedan en Galicia de estilo gótico –o arco oxival así o revela- e convén lembrar que conta cuns 500 anos de antigüedade.

A casa foi construida no século XV por Dona Urraca de Moscoso (Condesa de Altamira) e o seu segundo marido Don Pedro de Osorio.