Actívate en Laxe 2025! Chega a 1ª Carreira Popular Pedestre

O vindeiro domingo 6 de xullo de 2025, Laxe énchese de deporte, natureza e ambiente familiar coa celebración da súa 1ª Carreira Popular Pedestre, dentro do programa “Actívate en Laxe 2025” 💙

🕥 Horarios:

  • 10:30 h → Carreira adultos 5 km

  • 10:40 h → Carreira adultos 10 km

  • 12:00 h → Carreiras para categorías menores 👧🧒

📍 Un circuíto único á beira do mar, con vistas espectaculares á praia e ao encanto do noso pobo.

📥 Inscricións en: www.carreirasgalegas.org

Organiza o Concello de Laxe coa colaboración da Federación Galega de Atletismo e a Xunta de Galicia.

💬 Non quedes fóra desta experiencia única! Participa, anima e vive o deporte con nós en Laxe!

Esta entrada tamén está dispoñible en: Castelán